Friday 19 de April de 2024

Cabana avanza na súa programación cultural de outono coa celebración do ‘Roteiro Máxico: As cores do Samaín’ o sábado 29 de outubro


• A xornada inclúe un roteiro desde o Dolmen de Dombate ata o Castro de Borneiro ademias da animación de ‘Os Quinquilláns, a música de ‘O Son do Castro’ e degustación de castañas.

O Concello de Cabana dalle continuidade á programación do seu outono cultural cunha nova celebración do ‘Roteiro Máxico: As Cores do Samaín’.

A xornada dará comezo a partir das 18.00 horas coa saída desde o Centro Arqueolóxico Dolmen de Dombate para realizar un percorrido ata o Castro de Borneiro no que os asistentes están convidados a acudir ataviados con disfraces e candís ou outros elementos luminosos.

A música de ‘O Son do Castro’ e a animación a cargo de ‘Os Quinquilláns’ complementarán unha xornada na que as persoas asistentes tamén poderán degustar unha das receitas por antonomasia do outono, as castañas asadas.

Desde o goberno local convidan a participar nunha actividade ‘coa que se pretende manter vixente unha das tradicións máis arraigadas na nosa terra como é o Samaín’ ao mesmo tempo que ‘se propón dinamizar a actividade física e cultural’, indican.